"Resulta este un mundo distópico preocupante e simbólico. Mais, nesta altura, o lector, o crítico, faise unha pregunta: de verdade é un mundo distópico simbólico? Acaso o mundo non está cheo de cascudas, en postos de poder e tamén como viciños? É que non son auténticas cascudas, insectos noxentos a dirixir e condicionar a nosa vida? Insectos, porque son seres pequenos, de mínima actividae cerebral e duro esqueleto corpóreo. Noxentos, porque representan o peor que o ser humano pode chegar a ser. E están aí, non cómpre esforzarse para velos.
No seu blogue Ferradura em Transito II, Xosé Manuel Eyré fala sobre Barata, minha barata.