Xosé Manuel Eyré fala sobre Ocidente

Eis un libro froito do deu tempo, a encadrar na personalísima obra de Alberte Momán, tanto en prosa coma en poesía as contradicións e condicións do ser humano non lle son alleas senón albo central. Unha obra que ten na ética a súa explicación central. Ética, esa palabra tan importante e que tanto medo dá, pois afeitos estamos ao comportamento errático que ten na inmediatez a súa xustificación máis importante. Inmediatez contra a que deberían loitar as personaxes de Ocidente, mais como bon espello da realidade, non o fan senón todo o contrario.
X. M. Eyré em Ferradura en tránsito