Biosbardia e a Triloxía



César Lorenzo Gil fai, na bitácora literaria Biosbardia, unha recensión sobre a Triloxía vattene! / O legado extraterrestre.

O máis interesante de Momán é a aposta todo-ou-nada por construír un universo literario propio. Por suposto que ten influencias, por suposto que se intúen e se reflicten referencias doutros autores e sobre todo doutras artes alleas á literatura pero o resultado é xenuíno, independente, novidoso. A base dese mundo propio é o surrealismo radical, é dicir, a presenza decisiva nas escenas e nos diálogos da linguaxe onírica; o soño como mecanismo de liberación dunha linguaxe que se enfronte face-contra-face contra o xa visto, contra o familiar. Se gran parte da narrativa galega actual aposta xustamente por construír espazos cómodos porque nos son coñecidos aos lectores, Momán escolle a vía contraria: que nada sexa previsible, que nada sexa o que parece, que nada nos reconforte co texto. Viaxar canda el é coma quen vai visitar o Cemiterio dos Ingleses da Costa da Morte. A paisaxe, a evocación do lugar, a comuñón co tempo son poderosas; o camiño é difícil, cheo de croios.
 César Lorenzo Gil
Segue o artigo completo aquí.