Por que unha micronovela?

Unha das obsesións máis recurrentes no meu traballo, é a eliminación de todos os elementos que se afasten da propia acción. As tediosas descricións, xunto coa necesidade do/a autor/a de deixar perfectamente pechadas as imaxes, describindo minuciosamente cada escena, non dan espazo á imaxinación de quen le e prolongan inutilmente o texto, que perde axilidade, chegando incluso a aburrir. Se temos en conta a natureza do propio psychobilly, un estilo que acelera o ritmo do rocabilly, a rapidez de lectura móstrase preceptiva.
Segundo estas premisas, o mellor formato para unha historia relacionada con este estilo musical é a micronovela, un texto narrativo situado entre as sesenta e as cen páxinas.