Homenaxe a The Meteors




A chegada dos meus creepers custumizados, deu paso a unha idea que me rondaba dende había moito
tempo, comezar unha historia centrada no clixé da cultura psychobilly: ciencia ficción, sexo e violencia. A temática, por tanto, ficaba limitada a este entorno escuro dentro da cultura post-punk. Como centro do discurso, resultaba imprescindible realizar unha pequena homenaxe aos iniciadores do movemento, The Meteors, que aló polo 1980 daban nome a un estilo musical mestura doutros dous, o punk e o rockabilly. Un remexido que unía, do mesmo xeito, dous continentes, dous estilos distintos de facer música, por unha parte a Grande Bretaña e, pola outra, as terras interiores dos Estados Unidos.
Definida a idea básica, compría establecer os termos da homenaxe. Foi este o momento no que tomei a decisión de introducir, ao longo do relato, fragmentos das letras deste grupo británico, facéndoas coincidir coa propia trama. Deste xeito, con maior ou menos fortuna, a aparición das letras dos Meteors van describindo os acontecementos pasados e futuros que debullan o relato.