Alberte Momán compón así un libro de tres historias de lectura desacougante, como podían ser trinta, ese humor acedo, ese surrealismo distópico serían idénticos. Un xeito de avisar a esta sociedade de que xa está ben, que indo polos camiños que transitamos nada quedará incólume, mesmo os contos para cativos resultan trastocados e cun significado ben diferente ao orixinal. Infortunadamente, deste lado do espello, todos sabemos o caso que se lle vai facer ao aviso de Alberte Momán, que non é a primeira vez que aviso semellante se produce, nin será esta a derradeira vez, pois vivimos nunha sociedade opaca aos avisos que se lle van dando desde as diferentes latitudes da cultura.
Máis, neste enlace.